O venres tivemos a gran sorte de recibir a Anxo Moure, contacontos de Contos solidarios.
Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.
Defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.
Leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolares, bibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosques, parques, prazas, ríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata os nenos maiores de ata 100 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario