Ola!!! Vaia semana que levamos, curta pero moi intensa. Hoxe celebramos o día das" Letras Galegas", pasámolo moi ben pero estamos agotados. Cando chegamos ao cole, despois da asamblea e as rutinas, rematamos o caderno de Galicia, pintamos entre todos unha bandeira, merendamos e saimos ao patio. Alí estaba organizado para facer diferentes xogos polos que fomos rotando: aros, paracaídas, encestar, zapatilla por detrás, mariola e florón, foi moi divertido pero quentaba tanto o sol que precisábamos descanso. A continuación fomos ver como facían o churrasco, ao baño, e a sentarnos para cantar o "Rap da língua", escoitar o himno galego, ver unha entrega de premios,... e por fin o tan esperado churrasco. Puxémonos as botas co churrasco, chourizos, xelados,... Pola tarde estivemos na clase tranquiliños intentando recuperarnos de esta xornada tan intensa. E coma sempre o resto das fotos na galería. Moi boa ponte para todos!!!